Inmobiliaria

Casa Casa con finca na Aguarda (A Pastoriza))

Descrición xeral breve

Preséntovos unha casa de pedra, moi antiga e que necesita unha rehabilitación inmediata. Encóntrase na parroquia da Aguarda no concello de A Pastoriza, na provincia de Lugo.

A casa que se conserva actualmente deixa visible que foi unha vivenda construída a conciencia no seu día, así o reflexa a súa estrutura e os seus muros de pedra. Un inmoble que luce unha bonita fachada e unha harmoniosa distribución de fiestras.

Actualmente o seu teito está derrubado e o seu interior salvaxe, con moita maleza.

A finca da casa ten unha superficie gráfica de 12.454 metros cadrados e actualmente encóntrase cultivada. Conta con moi bo acceso.

Dita casa está a 40 minutos en coche da capital de provincia, a 5 minutos da vila de A Pastoriza e a 15 de Meira.

PREZO DE VENTA: 39.000€

12454 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.