Inmobiliaria

Casa Casa en Susá (Valonga)

Descrición xeral breve

Esta vivenda encóntrase en Susá, na parroquia de Valonga, concello de Pol.

Trátase dunha casa rural de pedra situada nunha finca de amplas dimensións, concretamente nunha finca de 13.873 metros cadrados.

A vivenda ten unhas dimensións de 268 metros cadrados construídos. A vivenda data de 1.941 pero actualmente conta coa metade da mesma rehabilitada.

Encóntrase organizada da seguinte maneira: cociña, tres dormitorios, un baño, dúas saliñas de estar e unha zona de lavandería e tendido de roupa, na que se encontra o depósito de auga quente.

Na planta baixa está unha saliña, a cociña e a lavandería. Tamén o acceso ás escaleiras cara a planta superior. Xa arriba encóntranse os dormitorios e o baño.

Ten calefacción eléctrica e radiadores instalados.

Desde o exterior da vivenda, visualizamos un leñeiro, un cabanón para gardar os vehículos, un alpendre anexo e unha corte para o gando.

Tamén ten unha finca, ó lado da corte que se denomina Zarra , duns 2661 metros cadrados, para uso agrario.

Trátase dunha vivenda moi adecuada para unha familia que busque adicarse ao cultivo da terra e a explotación de gando.

Un lugar moi tranquilo, ben conectado coa cidade (40km), capital de provincia, e a 10 km da vila meirega.

P.VENTA:190.000€

268 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.