Presentamos unha casiña das de antes, das que teñen esencia e encanto. Unha vivenda de pedra, situada no lugar de Francos no Concello de A Pastoriza.
Unha edificación datada de 1950 e que se construíu con uns materiais de exquisita nobleza, non hai máis que ver a pedra, que mantén intacta a estrutura do inmoble.
Actualmente está lista para que alguén a rehabilite por completo e a desfrute. Trátase dun inmoble de planta rectangular, dúas alturas, e conta con uns 261 metros cadrados construídos.
Ó lado da vivenda atópanse dous alpendres que serven de garaxe e almacén. Tamén conta con un pozo e lavadoiro de pedra maravilloso.
A casa véndese con finca agraria, duns 8.100 metros cadrados.
Se buscas rehabilitar, zona rural e rodeado de natureza, esta é unha das mellores posibilidades que che podemos ofertar.
P.VENTA: 38.000€
261 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.