Inmobiliaria

Casa Casa en Corvelle (A Pastoriza)

Descrición xeral breve

Presentámosvos unha vivenda situada no concello de A Pastoriza, neste caso no lugar de Corbelle.

Trátase dunha edificación no cal actualmente urxe unha reforma.

É unha vivenda de 240 metros cadrados distribuídos en dúas plantas de 120 metros cada unha e o baixo cuberta a maiores.

Na planta baixa encóntrase a cociña, un salón, un baño e unha corte grande. Na planta superior hai cinco dormitorios e unha zona de estar que crea o acceso ás habitacións.

A casa encóntrase nunha situación moi boa, moi pretiño de Muimenta a 2,5 km. Nesta localidade atoparemos todos os servizos: supermercados, bancos, perruqueiras, gasolineira...

É unha vivenda que necesita unha reforma integral pero ten unha chea de posibilidades.

Conta con auga no domicilio, dun pozo da casa, e a na finca, propiedade da vivenda ten posibilidade de enganchar a traída municipal.

Conta con un xardín e alpendres (garaxe, pozo, forno...) situados diante da casa e con unha finca de 1000 metros cadrados por detrás do inmoble.

Se buscas casa na Terra Chá, na que decidas conservar a esencia de antes cunha reforma acorde os tempos de hoxe, esta pode unha moi boa opción.

P. Venta: 59.000€

240 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.