A vivenda que presentamos hoxe é froito de traballo, dedicación e bo gusto durante moitos anos!
É unha casa situada no concello de Castro de Rei, no lugar de Ansemar. Un chalé fermoso situado nunha finca de 5.152 metros cadrados.
É unha vivenda que namora, co seu xardín coidado, co seu peche perimetral con setos... un lugar idílico para o día a día.
A casa é tan fermosa por fóra como por dentro. Dende o exterior observamos un gran balcón e unha fachada limpa e coidada.
Xa no interior, encontrámonos cunha casa tradicional, moi ben distribuída e con amplas habitacións. Na planta baixa sitúase a cociña, unha cociña tradicional, con cociña de leña e mobles de madeira. Un comedor amplo e amoblado e 2 habitacións cómodas e un baño. Ó lado da cociña sitúase unha despensa e as escaleiras para subir o segundo andar.
Na planta superior a distribución está feita, máis algunhas habitacións están amobladas e outras non. Quedan detalles pendentes de facer.
Xa no exterior conta con garaxe con cabida para 4 coches, e outra vivenda de pedra en ruínas, con posibilidades de rehabilitar.
Un lugar ideal para unha familia. Facemos unha visita?
P.VENTA: 295.000€
5152 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.