Véndese espectacular casa de pedra na aldea de Loentia, en Castro de Rei (Lugo).
É un inmoble que conta con unha reforma integral, na que procuraron conservar a esencia de casa rural. O obxectivo foi conseguido, e tanto no interior como no exterior observamos como principais elementos da rehabilitación a pedra, a lousa e a madeira.
A vivenda sitúase nun entorno moi agradable, moi pretiño da vila de Castro Riberas de Lea, e a uns minutos da N-640. Conta con acceso de pista ata a entrada da casa.
A mesura da casa é de 238 metros cadrados, divididos en dúas alturas. A planta baixa conta con 127 metros cadrados e a planta superior con 111 metros cadrados.
A organización da mesma segue esta estrutura: Na planta baixa conta con un amplo salón, cociña e comedor, un dormitorio con baño, un aseo e unha pequena despensa.
Na planta superior, temos unha zona de descanso, un baño principal, tres dormitorios, un principal e dous secundarios e 2 baños a maiores en cada habitación pequeña.
No seu interior destaca o bo gusto na decoración e a calidade das madeiras dos mobles e das portas.
Conta con baños adaptados para discapacitados.
No exterior da vivenda hai un garaxe totalmente arranxado e un pozo.
A finca que rodea á casa é de 12.000 metros cadrados, todo un luxo!
P.VENTA: 190.000€
238 m²
Praza Maior, 12. Meira
Tlf: 982 330 131
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.