Inmobiliaria

Casa Chalet adosado en Castro Riberas de Lea (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

Véndese chalet pareado na vila de Castro Riberas de Lea, no Concello de Castro de Rei.

Trátase dun inmoble situado na Avenida Terra Chá, moi pretiño do centro de saúde e do colexio. A vivenda está no centro urbano da vila e ten unha dimensión de 286 metros cadrados contruídos.

Esta dividida en 3 alturas e máis a planta baixa. E a súa organización distribúese deste xeito:

Na planta baixa o garaxe, a  lavandería e unha fermosa terraza, ideal para os días de verán. Tamén esta o vestíbulo da vivenda.

Na primeira planta, temos un recibidor, a cociña, un salón – comedor moi luminoso e dende o que podemos acceder á terraza e tamén un aseo.

Na planta superior, hai tres dormitorios, dobres e un baño completo con ducha.

Xa no andar superior,  no faiado da casa, encontramos unha zona de descanso, ocio e almacén.

Está amoblado, moi coidado e listo para entrar a vivir!

Un luxo de casa no centro da vila!

286 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.