Inmobiliaria

Casa Casa en Santa Leocadia (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

Vendemos casa rural no concello de Castro de Rei, no lugar de Casasnovas, Santa Leocadia.
Un inmoble que nos namorou o primeiro día que o visitamos. Trátase dunha construción típica da zona, onde destaca a beleza da súa pedra no exterior, e a madeira nobre que constitúe a estrutura da vivenda.
É unha vivenda de 360 metros cadrados construídos, divididos en 3 alturas. Planta baixa, primeiro andar e faiado ou desván.
Na planta baixa sitúase, a entradiña da casa, un salón comedor grande e luminoso, unha cociña ampla, unha lacena e un baño.
Na planta superior encontramos cinco dormitorios dobles, un deles actualmente adicado a estudo, un salón e un baño remodelado e novo.
No faiado, que actualmente ten función de almacén, observamos a boa madeira das vigas que sosteñen o tellado do inmoble.
A casa está situada nun entorno envexable, con unhas vistas espectaculares e moi pretiño do casco urbano da vila de Castro de Rei.
Conta con alpendres anexos, que lle dan posibilidades de amplitude ó inmoble, un lugar ideal para facer unha zona de descanso e ocio.
A maiores ten un garaxe, un pozo de barrena e un pequeno xardín por diante e por detrás da casa.
Se andas na procura dunha casa con encanto, este pode ser o lugar ideal para ti!

360 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.