Vendemos casa de aldea en Moural, Mondoñedo. Unha casa de pedra, que data de 1985 e que esconde gran beleza detrás das súas paredes. Agora descubriredes o porqué.
Trátase dun inmoble cunha superficie construída de 318 metros cadrados dos cales 247 corresponden a vivenda, esta encóntrase distribuída en dúas plantas. O resto de metros están adicados actualmente a alpendres e garaxes.
A vivenda ata o momento está habitable a pesares de necesitar lucir a fachada e de rematar algunha reforma comezada no interior.
A organización do inmoble é a seguinte. Entrada principal con un corredor que deixa á man esquerda unha ampla cociña tradicional, luminosa, amoblada e que conta cociña de leña.
Seguindo o corredor á man dereita encontramos, un salón, actualmente adicado a ximnasio e despensa, e un baño completo con prato de ducha. Tamén conta con unha zona de zapateiro e lavandería.
Xa no fondo do corredor, atopamos as escaleiras que nos levan ós cuartos. Alí atopamos catro habitacións e un baño completo. Tamén unha ampla zona diáfana que necesita reforma.
Dende alí accedemos ó faiado, que ten altura suficiente para poder obrar e facer máis habitacións no caso de precisárense. Conta con lareira tradicional dun dos anexos da vivenda
A vivenda ten acceso para a parte traseira do inmoble, onde descubrimos unha fonte natural incrustada nas rochas. Actualmente encóntrase coidada e habitan peixes nas súas augas. Fai anos moitos veciños acercábanse beber as súas frescas augas.
Agora entendedes a beleza e o encanto que ten esta casa, non? Estrutura de pedra, madeira como material principal, fonte natural, pórche anexo á casa e finca de 843 metros cadrados, ideal para ter animais ou confeccionar unha zona de descanso e ocio.
Por certo, Moural é un lugar soñado, unha aldea na que aínda habitan veciños, pretiño das vilas que dan servizos e que te namora coa súa tranquilidade e coa súa paz.
Se buscas cambiar o ruído pola aldea, este pode ser o teu lugar!
318 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.