Inmobiliaria

Casa Casa rural en Miñoto, Crecente (A Pastoriza)

Descrición xeral breve

Vendemos casiña no concello de A Pastoriza, no lugar de Miñoto. Trátase dunha edificación que necesita unha reforma integral. Conserva a estrutura e o lousado sen goteiras, pero o interior do inmoble necesita ser mimado e coidado pola persoa que aposte pola adquisición do mesmo.

Trátase dun inmoble con 275 metros cadrados construídos dos cales 31 metros son de garaxe. Os restantes son vivenda divididos en 2 andares. Na planta baixa encontramos a cociña, o acceso ós cuartos e as antigas cortes do gando. No andar superior un amplo corredor, cunha galería que aporta moita luz á casa e fermosas vistas. Tamén se encontran os cuartos e un pequeno baño.

A casa conta con garaxe e finca de 2640 metros cadrados.
Actualmente conta cos suministros de alta, auga e luz. Tamén se encontra inscrita no Rexistro da propiedade.

Miñoto encóntrase a 5 minutos de A Pastoriza, a 10 escasamente de Meira e a 30 da capital de provincia.

Rodeado de natureza e invadido de tranquilidade, esta fermosa casa está agardando por ti.

275 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.