Inmobiliaria

Casa Casa en Vilar de Mouros (Meira)

Descrición xeral breve

Véndese casa amoblada no lugar de Vilar de Mouros, no concello de Meira. Trátase dunha vivenda que data de 1930 e que foi reformada no ano 2009 na súa maior parte.

É unha casiña enclavada nun entorno rural,  unha aldea situada entre Meira e a Ribeira de Piquín, que conta aínda cunha cifra elevada de veciños e que se sitúa a cinco minutos de todos os servizos e comodidades que che ofrece a vila.

A casa ten unha superficie de 169 metros cadrados construídos, distribuídos en dúas plantas, e a maiores conta cun patio con flores marabilloso que lle outorga independencia e intimidade. Está situada nunha finca agraria de 623 metros cadrados nos cales se sitúan alpendres e garaxes amplos e rehabilitados.

A vivenda distribúese da seguinte forma:

Na planta baixa encontramos unha entradiña, unha cociña tradicional ampla e luminosa, unha dispensa, e un aseo con ducha. Tamén encontramos un salón comedor, cómodo e grande.

Na planta superior observamos dous dormitorios totalmente reformados, un baño completo e unha galería ideal e soleada. Tamén encontramos unha parte da vivenda que non se rehabilitou que son dous dormitorios e unha sala diáfana.

Xa no exterior conta cun patio diante da casa e unha finca con alpendres, as antigas cortes, e garaxes. Ditas edificacións anexas teñen unha superficie de 218 metros cadrados.

Como datos importantes destacar que o lousado está en boas condicións, as ventás son de calidade, e a casa e a finca se encontran rexistradas.

Conta con traída municipal e fosa séptica.

169 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.