Vendemos casa na vila de Riotorto. Unha casa datada 1930 en moi bo estado de conservación, con un anaco de terreo, que a fai ideal como vivenda familiar ou como residencia de verán.
Trátase dunha casa tradicional, de 272 metros cadrados construídos enclavada nunha finca de 473 metros. En todas as rehabilitacións posteriores a súa construción se intentou manter a esencia da mesma.
Unha vivenda distribuída en dous andares. Na planta baixa sitúase a entradiña, un salón - comedor con cheminea, unha cociña tradicional con un comedor anexo, unha lavandería e un baño completo.
Na planta superior, catro dormitorios dobres, exteriores e amplos, e unha pequena sala de xogos.
Nun dos dormitorios encontramos o acceso ó faio mediante escada de caracol. A cuberta actualmente está en perfectas condicións xa que foi cambiada a madeira e a lousa recentemente.
A vivenda encóntrase totalmente amoblada e decorada, tal e como se vende. Conta con chans e fiestras de madeira.
No exterior encontramos un fermoso xardín, situado na parte traseira da vivenda, delimitado cun muro todo ó seu arredor e con acceso ó mesmo. Dita finca é ideal para o descanso.
272 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.