Inmobiliaria

Casa Casa independente en Castro Riberas de Lea (Castro de Rei)

Descrición xeral breve

Véndese Chalet independente situado en Castro Riberas de Lea, concello de Castro de Rei.
Localízase nunha urbanización céntrica, enclavada nunha zona tranquila e preto de todos os servizos que che ofrece a vila, escola e instituto, centro de saúde, bancos, bares, supermercados, comercio...

É unha casa que está en moi boas condicións de uso, moi coidada, construída a capricho e con moi bos materiais. Conta unha parcela duns 1.000 metros cadrados distribuídos en xardín, horta, merendero...
A casa en sí consta duns 240 metros cadrados, distribuídos en dúas alturas:
Na planta baixa, encontramos un garaxe amplío, onde collen aparcados tres vehículos. Tamén unha cociña amoblada e un baño con ducha, ideal para  desfrutar os días de verán pretiño do xardín.
Na planta superior, sitúase unha vivenda completa e confortable, distribuída do seguinte xeito:
Unha entradiña ou hall, unha cociña moi luminosa, amoblada e con despensa. Un salón amplío, con zona de estar e de comedor,  catro dormitorios dobres e un baño completo.
É unha vivenda que conta con todas as comodidades, independente, cos subministros de alta, traída de auga, recollida de lixo, fío musical por toda a vivenda e cos servizos que che presta unha vila pequena e acolledora. Sitúase a 15 minutos en coches da capital da provincia.
É unha finca que está rexistrada, que conta con certificado de eficiencia enerxética e libre de cargas.
SE BUSCAS CASA, ESTA É A TÚA GRAN OPORTUNIDADE!!

240 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.