Inmobiliaria

Casa Casa en Llencias (Ribeira de Piquín)

Descrición xeral breve

Ás veces, sen darnos conta chegan a nós casas con moito encanto, cunha chea de lugares sorprendentes e cunha gran historia que nos emociona e da que nos faremos partícipes. A estes fogares denominámolos XOIAS. E esta é unha das nosas máis prezadas xoias.

Trátase dun inmoble  datado do ano 1720, de construción tradicional, con pedra, madeira e lousa  como materiais principais en toda a edificación. A superficie construída é de aproximadamente 214 metros cadrados.

A vivenda está totalmente reformada e conta con lousado novo, un dato moi importante a ter en conta!
A súa organización e sinxela e cómoda. Agora vola adiantamos:

Na planta baixa conta con: un salón comedor amplo, cociña, unha despensa e un baño con ducha.
Na planta superior atópanse catro dormitorios e un baño principal.

A casa ten calefacción de gasoleo e cociña de leña.
Xa no exterior, ten unha zona cuberta ideal para descanso e ocio.

Esta casa debido a superficie de terreo que ten ó seu arredor, é ideal para unha casa de turismo rural, un hotel diferente ó común ou para unha gran familia con idea de explotar este marabilloso lugar, ó mesmo tempo que coidalo. Son 198.000 metros cadrados, case 20 hectáreas ideais para cultivos, zonas de relax, horta...
A tranquilidade é a raíña de LLencias e as vistas son envexables. Sitúase a casa nun entorno único, nunha terra fértil e ó lado do río.

Se estabas buscando esta marabilla de lugar, atopáchelo!

214 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.