Inmobiliaria

Casa Casa na Lagoa (Meira)

Descrición xeral breve

Vendemos casa no lugar de A Lagoa, en Meira. Esta casiña está preto do casco urbano e encóntrase nun entorno tranquilo a agradable, ideal para levar a cabo unha vida confortable.

Os inmobles que vendemos son, dúas casas (unha de máis recente creación e outra reformada, pero máis antiga) cun total de 298 metros construídos e o terreo onde se asentan as mesmas. Esta finca conta cunha superficie de 2.287 metros cadrados.

A distribución das casas é do seguinte xeito:

A casa máis antiga, na que actualmente viven os propietarios, está distribuída en cociña, salón – comedor, un aseo e unha zona de almacenaxe na planta baixa. No andar superior, conta con dous dormitorios, unha zona de pasar o ferro e almacenaxe e un baño completo.
Esta casa conta con calefacción de gasóleo.

A casiña de construción máis recente, conta na planta baixa con dous garaxes amplíoos, xa que non decidiron rematar a obra, pero o ideal sería obrar e facer cociña, baño e salón. Na planta superior conta con 4 dormitorios e un baño completo.

É ideal para unha familia, ou mesmo mellor, para dúas familias, se quixesen vivir pais e fillos en casas indistintas.

Conta con terraza, xardín e terreo.
Buscas casa, esta pode ser unha opción moi guai! Dálle unha volta!

298 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.