Inmobiliaria

Casa Casa en Pouxaneiro, Ferreiravella (Riotorto)

Descrición xeral breve

Vendemos casa no lugar de Pouxaneiro, na zona de Ferreiravella, Riotorto (Lugo).

Trátase dunha vivenda en estado de rehabilitación e pendente de melloras, aínda que actualmente podería vivirse nela.

Conta cunha dimensión de 224 metros cadrados construídos. O inmoble está dividido en dúas partes, unha delas, a parte máis antiga e outra que é un engadido e está construída de novo.
A casa conta con cociña, comedor e despensa na planta baixa e no andar superior, catro dormitorios e un baño completo. Esta casa conecta coa nova construción a través dun dormitorio. Tamén conta con acceso polo exterior e de maneira independente.

A casa ten garaxe e leñeiro e unha pequena finca de 990 metros cadrados.

A edificación é ideal para procurar unha reforma ó teu gusto, situada nun lugar de acceso fácil, nun entorno rural semidespoblado.

Se buscas tranquilidade, boas vistas e respirar aire puro, este pode ser unha marabillosa opción!

224 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.