Esta vivenda sitúase no concello de Baleira, en Lugo, no lugar de A Cortevella. Unha aldea semi despoboada que anda na procura de veciños. Trátase dunha zona ideal para levar unha vida tranquila, lonxe do ruído e da cidade, e moi pretiño da natureza e de zonas e áreas recreativas ideais para relaxarse e divertirse.
Este inmoble necesita unha total rehabilitación, na fachada, na cuberta e tamén no interior. Conta cunha pedra marabillosa, unha estrutura antiga e resistente e cuns materiais nobres como a madeira que servirían para reutilizar nunha nova idea de fogar.
Conta con 426 metros cadrados construídos, divididos en dúas alturas. E cun terreo ó seu arredor de 188 metros cadrados. A casa véndese con un hórreo, típico da zona onde se sitúa o inmoble.
Se buscas empezar de 0, esta pode ser unha grandísima idea. Infórmate con nós!
426 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.