Inmobiliaria

Casa Casa en Goá (Cospeito)

Descrición xeral breve

Esta vivenda sitúase no Concello de Cospeito, no lugar de Goá. É unha casiña enclavada nunha finca de 3.292 metros cadrados ideal para unha vida tranquila e familiar.

A casiña ten 168 metros cadrados construídos e está lista para entrar a vivir. A súa distribución é:

Na planta baixa un salón- comedor amplo e luminoso, con acceso á cociña que conta con todos os electrodomésticos e mobiliario necesarios e tamén cunha entradiña e un baño pequeno con ducha.

Na planta superior encóntrase un baño completo, un salón ou zona diáfana no centro da planta construída e catro dormitorios amoblados.

A casiña está moi ben porque ten calefacción de gasóleo, ventás novas, pozo propio, un lavadoiro, zona de xardín e dous alpendres de pedra que poden aproveitarse para ocio ou como garaxes.

Se buscas independencia, vivir no rural e desfrutar dun lugar rodeado de natureza con vistas espectaculares, esta pode ser a mellor opción das que che mostramos actualmente!

168 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.