Véndese casa no casco urbano de Meira, situada exactamente na praza Maior da vila. Unha edificación datada de 1.950 que conta cunha superficie construída de 776 metros.
A casa ten catro alturas, planta baixa, onde se sitúa o garaxe e dous baixos comerciais. Antigamente contaba con tres baixos comerciais, máis un deles agora está habilitado como aparcamento. Os outros dous, ata fai nada, no máis amplo estaba ubicada a botica máis antiga da vila, o outro, mantense como almacén ou trasteiro das vivendas situadas nos pisos superiores.
No primeiro andar encóntranse duas vivendas, un apartamento pequeno con dous dormitorios, cociña, comedor e baño completo e un piso máis grande con cociña, salón, despensa e dormitorios. Tamén se ubica nesta altura unha terraza - azotea ideal para o descanso e o lecer.
No segundo andar temos unha soa vivenda, moi luminosa e acolledora. Conta con cociña ampla, salón, comedor, despensa, dous baños completos e 8 dormitorios. Un LUXO!
Quizais este inmoble necesite unha reforma completa, ou mesmo derruílo e construír de novo, dependendo das inquietudes e expectativas do comprador.
Trátase dunha casa con historia, da que deberiamos manter e conservar a esencia, a fachada...
Anímate e merca!
776 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.