Inmobiliaria

Casa Casa en A Ferrería, Cadavedo (A Pastoriza)

Descrición xeral breve

Véndese preciosa casa de pedra no lugar de A Ferrería, en Cadavedo, no concello de A Pastoriza.

A vivenda encóntrase enclavada nunha finca de 5.412 metros cadrados. E como edificacións encontramos na parcela a vivenda actual, rehabilitada, que ten construídos 230 metros cadrados. Na planta baixa sitúase o comedor, a cociña, a despensa e un baño completo xunto ó acceso para os dormitorios.

Na planta superior sitúanse 4 dormitorios e unha zona diáfana.

Anexa a esta vivenda encóntrase a “casa vella”, que é a antiga vivenda familiar, que despois de rehabilitar a anteriormente mencionada, quedou como cortes para o gando e zona de almacenaxe.

Ten alpendres de pedra, que servirán de garaxes e zonas de lecer en caso de querer rehabilitalos.

É unha vivenda con unhas vistas marabillosas, a 15 minutos de A Pastoriza e a 50 de Lugo.

Se estás á procura dunha casa no rural, esta pode ser unha gran idea!

230 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.