Inmobiliaria

Casa Casa en Vilaseca (Riotorto)

Descrición xeral breve

Esta casa de pedra que vos mostramos hoxe está situada en Vilaseca, Riotorto.
Trátase dunha casiña de pedra que leva pouco tempo sen habitar. Conta cunha superficie construída de 194 metros cadrados distribuídos en dúas alturas. E conta cunha finca de 1080 metros ó seu arredor.

A casa é moi acolledora, e ten unhas vistas espectaculares. A súa distribución é:

Na planta baixa distribúese, cociña tradicional, un baño e un salón - comedor grande e luminoso. Tamén ten unha despensa que está para reformar.

Na planta de arriba conta con catro dormitorios e un baño amplo.

A casa necesita unha pequena reforma, pero algunha das estancia da vivenda están en bo estado.
Particularmente a casa está construída con pedra moi fermosa e coidada, como se luce nas súas fachadas.

Se buscas vivir no rural, nunha aldea galega, cun entorno de encanto, esta pode ser unha boa opción.

194 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.