Véndese piso totalmente acondicionado e listo para entrar a vivir na vila de A Pontenova.
Trátase dunha vivenda con todos os servizos moi próximos, como o centro de saúde, os colexios, supermercados... e tamén próximo á praia, a uns 30 minutos en coche.
A vivenda ten unha dimensión de 95 metros cadrados construídos, uns 80 útiles aproximadamente.
E organízase da seguinte forma:
Cociña totalmente amoblada, un salón moi luminoso e soleado, 2 dormitorios amplios e exteriores (un deles con caixa forte), 2 baños completos e unha despensa. Cabe destacar que as ventás foron cambiadas e o piso encóntrase moi ben illado.
O edificio ten ascensor e está totalmente acondicionado para a accesibilidade dos discapacitados.
Conta con calefacción central de gasoleo e o prezo da comunidade mensual é de aproximadamente 65 euros.
Está inscrito no Rexistro da propiedade, non ten cargas e non ten garaxe nin trasteiro.
Se buscas piso en A Pontenova, contacta con nós, porque é unha gran opción!!
95 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.