Estás en busca da túa nova vivenda? Gustaríache rehabilitala e poñela da forma que a ti máis che guste? En Meira pode ser unha boa opción? Mira esta con calma, porque ten moitas posibilidades!
Presentámosvos unha casa de pedra situada nun dos barrios máis coñecidos da vila de Meira. O barrio da Pena. Esta casa está enclavada nunha finca de 3.430 metros cunhas vistas espectaculares.
A casa é de pedra como case todos os alpendres que se encontran ó arredor da mesma, pero o seu conxunto necesita unha rehabilitación.
A vivenda e os alpendres conta cunha superficie construída de 586 metros cadrados, tendo a vivenda 206 metros cadrados.
A distribución da mesma é:
Na planta baixa temos a entradiña, a cociña amoblada, o comedor , unha habitación e as escaleiras para o andar superior.
Na planta superior temos 4 dormitorios, un baño e unha zona aberta.
Fóra, no exterior, conta con barios cobertizos, cun galiñeiro, un cabozo, cuadras, unha palleira e almacéns.
Na zona da entrada da casa hai un patio dianteiro moi bonito, que ten moitas posibilidades, facendo que a casa poida chegar a ser moi acolledora.
Se buscas un lugar tranquilo, unha vila con vida, con servizos ó teu alcance esta pode ser a túa casa!
586 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.