Inmobiliaria

Casa Casa en Balonga (Pol)

Descrición xeral breve

Prefires campo ou cidade?

Neste caso presentámosche unha vivenda na aldea de Balonga. Trátase dunha casa de pedra que data do ano 1910 e que ten unha superficie construída de 284 metros cadrados.

Unha vivenda de construción tradicional, onde os materiais como a pedra, a lousa e a madeira están moi presentes.

A vivenda necesita unha pequena reforma para entrar a vivir, para así ser un lugar tranquilo e agradable onde residir.

A casa distribúese da seguinte forma:

Na planta baixa, temos a cociña, un salón – comedor e unha despensa. No andar superior están os dormitorios e un baño completo.

Xa no exterior hai un local anexo á vivenda onde antigamente se encontraba o forno do pan, mentres agora hai instalada unha cociña para os días de sol e de diversión, onde poder desfrutar con amigos e familiares. Tamén hai un amplo garaxe.

Conta cun terreo duns 4516 metros cadrados, onde poder facer un bonito xardín con árbores autóctonas e frutais.

Se che interesa esta vivenda, contacta con nós!

 

 

284 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.