Vendemos unha finca con dúas casas no lugar do Gruñedo, no concello de A Pastoriza.
Trátase dunha finca de 5.700 metros cadrados onde se instalaron no ano 2.005 dúas casa de madeira prefabricadas duns 63 metros cadrados cada unha. Unha idea marabillosa o desta familia para crear un complexo familiar e vacacional ideal!
A finca encóntrase moi coidada, con árbores e plantas distribuídas por toda ela. Está todapechada e limitada con muro de pedra, e ten unha cancela automática na entrada. Tamén conta con riego automático por toda ela.
A organización en cada unha das casas é a seguinte (sendo igual nas dúas):
Un amplo salón – comedor amoblado e moi luminoso, unha cociña con electrodomésticos e acceso exterior, tres dormitorios completos, un baño con ducha, un aseo e unha despensa que funciona como almacén.
Conta con aire acondicionado.
Ten terraza exterior, ampla zona de aparcamento e tamén xardín. Abaixo das vivendas conta con un trasteiro para a organización do material e aparellos do xardín..
A ubicación desta parcela é ideal, a 20 minutos en coche de Lugo, da capital da provincia e a uns 30 minutos da mariña lucense. Meira está a 3 minutos e A Pastoriza a 10.
Meira, que é o casco urbano máis próximo á finca, e alí encontrarás, centro de saúde (24 horas), bancos, supermercados, xeriátrico, tendas, piscinas, garderías, colexios e institutos, parques infantís, paseos fluviais, bares e pubs...
Se buscas intimidade, natureza, tranquilidade e espacio para ti, este pode ser o recuncho que andas a procurar.
126 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.