Inmobiliaria

Casa Casa en Quetesende (O Corgo)

Descrición xeral breve

Esta vivenda sitúase en Quetesende, no concello do Corgo.

É unha casa de aldea, construída de forma tradicional con pedra de cantería, lousa e madeira, como materiais fundamentais da obra!

Sitúase nunha finca de 5.626 metros cadrados e na mesma existen máis construcións agrarias que foron destinadas a garaxe, alpendres, cortes para gando...

A casa está agardando unha rehabilitación, mais non está nun estado deplorable, xa que está ben o lousado, con fiestras e portas cambiadas de fai uns anos e ben illada, sen goteiras e nun estado de conservación óptimo no seu interior.

A casa ten uns 370 metros cadrados construídos, polo que tanto podería ser destinada á vivenda ou a negocio turístico. Esta última opción pode ser moi boa oportunidade xa que se encontra moi ben situada,  a escasos 10 minutos de Lugo, a capital da provincia. 

A distribución da casa é a seguinte:

Na planta baixa encóntrase unha pequena entradiña, unha cociña grande  e as antigas cortes do gando. Ten acceso ó garaxe, onde está o forno do pan e tamén o acceso á planta superior da casa.

No segundo andar sitúanse os dormitorios, o comedor principal, unha lacena e un baño completo.

Xa no exterior, existen edificacións que serían ideais para rehabilitar para zonas de ocio e lecer.

Se queres vivir no rural, cerca da capital onde tes todos os servizos, esta pode ser que sexa a vivenda que estás buscando. Anímate e coñecea!

A casa está inscrita no Rexistro da Propiedade.

Prezo negociable!

 

340 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.