Inmobiliaria

Casa Casa en Vilardemouros (Meira)

Descrición xeral breve

Vendemos casa no lugar de Vilar de Mouros, no concello de Meira.

Trátase dunha casa paredada de pedra cunha superficie construída de 220 metros cadrados, distribuídos en dúas alturas. Foi sempre unha casa de labranza que pouco a pouco se foi reformando ata acadar o estado actual no que se encontra. Está acondicionada para vivir, máis realmente necesita certos arranxos, como un bo sistema de calefacción, o cambio de dúas das ventás ( xa que o resto están cambiadas de fai uns meses), o arranxo dun comedor na planta baixa e uns pequenos cambios nalgún dos dormitorios.

A casa véndese amoblada e cun terreo anexo duns escasos 500 metros, ideal para unha horta ou para crear unha zona de ocio.

A distribución da casa é a seguinte:

Na planta baixa encontramos unha entradiña, a cociña, unha pequena despensa e un salón grande que se encontra en obras. Tamén unha zona onde antigamente se situaban as cortes do gando e o forno do pan, o cal aínda se conserva.

No andar superior sitúanse catro amplos dormitorios, e un baño completo.

Se buscas vivir no rural, pretiño de todos os servicios (centro de saúde, supermercados, bancos, comercios...) estás no sitio ideal, porque Meira teno todo, unha terra fértil, unhas xentes encantadoras e unhas casas marabillosas!

Se che gustou, ponte en contacto con nós!

 

220 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.