Inmobiliaria

Casa Casa en Regueira ( A Pastoriza)

Descrición xeral breve

Gústanche as casas? A nós moito!!

Véndese casa en Seixos, na parroquia de Regueira, no concello de A Pastoriza. Unha casa de pedra datada de 1940.

Trátase dunha edificación que necesita unha rehabilitación completa porque o lousado está en moi mal estado e está afectando ó seu interior.

A dimensión a casa é de 358 metros cadrados construídos entre vivenda e alpendres. A casa é de construción tradicional, de dúas alturas e conta con xardín na fachada e finca por detrás da mesma.

Esta vivenda ten moitas posibilidades, está paredada a outra de pedra rematada actualmente de arranxar na que se pode ver un acabado moi fermoso logo dunha rehabilitación integral.

Mil posibilidades nun entorno de paz e tranquilidade. Nunha aldea habitada pero que permite intimidade e desconexión.

Como dato importante: conta cun cruceiro catalogado antigo denominado Cruceiro “O Corvelo” que lle aporta prestixio á casa. Tamén é unha casa que a pesares do seu deterioro ten calefacción de gasoleo sen case uso.

E ti, buscas unha casa deste estilo para rehabilitar ó teu gusto?

 

 

 

358 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.