Inmobiliaria

Casa Casa en A Pena (Meira)

Descrición xeral breve

Vivir no interior da provincia de Lugo rodeada de natureza e tranquilidade, pretiño da mariña lucense e tamén da capital de provincia é todo un luxo! Meira sitúase a 30 km de Lugo e a 50 km da

costa. Apetéceche asentarte en Meira ou mercar casa para estar tempadas aquí? Meira é un sitio moi especial, o barrio no que se asenta esta vivenda tamén, un dos barrios máis antigos do Concello.

Preséntovos entón unha casa de pedra para rehabilitar que leva baleira case 25 anos. Unha vivenda de 102 metros cadrados, pequena pero moi aproveitada que conta con dous alpendres que lle fan de almacén á casa, antigamente foron cortes para o gando.

A casa ten dúas plantas, e distribúese do seguinte xeito. Na planta baixa encontramos cociña e salón comedor, e tamén un pequeno trasteiro. No andar superior sitúanse dous dormitorios.

A casa sitúase nunha finca de 900 metros que está a prado actualmente, e que pode servirlle á casa para ter unha zona de ocio e descanso, do mesmo xeito que unha horta.

E ti, estás pensando en ter unha casiña nunha vila rural na que teñas todos os servicios?

 

127 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.