E ti, buscas vivir nas montañas do Courel?
Pois estamos dispostos a amosarche Esperante, unha aldea máxica e soñada por moitos. Sitúase nun entorno rural, onde a natureza desprende enerxía positiva. Onde as cores mudan coas estacións do ano, onde o aire é limpo e puro, onde a auga do río crea unha continua banda sonara, onde os paxaros cantan, onde o lobo ouvea de noite, onde as meigas fixeron os seus conxuros, onde florecen as flores, onde medran castiñeiros centenarios e onde chove a esgalla tamén.
Pero estades de sorte, vendemos parte desta esencia, unhas ruínas da antiga casa Reitoral, ó lado da Igrexa, que foi construída no S.XVII (podedes vela nas fotografías). A edificación pertencía as cabalarías dos curas, construída con pedra e lousa, materias típicos da zona, fortes e resistentes que perduraron durante centos de anos.
Esta edificación debe ser rehabilitada por alguén que se namore da paisaxe, do terreo, da fermosura do lugar... Unha edificación enclavada nun terreo de 10.000 metros cadrados que conta con árbores autóctonas, herbas medicinais, fontes, camiños...
O lugar é moi accesible, está pretiño dun camping, a 5 minutos en coche de Seoane do Caurel e a 1 hora escasa de Lugo, capital da provincia.
Se che gustou, contacta con nós!
10000 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.