Vendemos unha vivenda para rehabilitar en Montefurado, parroquia de Navallos no concello da Ribeira de Piquín.
Trátase dunha edificación de pedra, con cuberta de lousa, e vigas de madeira. Situada nun entorno inmellorable, na montaña lucense, onde a cor verde nos inunda e a natureza nos permite respirar tranquilos mentres encontramos a calma. E ti, que estás buscando? Buscas ilusionarte cun fogar?
Unha vivenda que conta con un patio exterior fermoso onde se sitúa un hórreo. Dende o mesmo podemos contemplar a fermosa fachada que ten, do mesmo xeito que observamos un corredor. A ditada casa conta con 3 accesos ó exterior todo ó seu arredor. No interior, a casa xa se encontra totalmente viciada e diáfana, lista para comezar as obras de rehabilitación.
Esta casa sitúase nun entorno rural onde hai moitas casas e poucos veciños. Edificacións que se encontran agardando por persoas que as rehabiliten, as habiten, e que reforcen a vida no rural, creando lugares onde vivir sexa exemplo de paz e harmonía.
Recorda, que a pouca distancia se encontra Meira que é unha vila onde podes encontrar todos os servizos, en coche pode levarche 15 minutos e a 5 minutos está o Chao do Pousadoiro, onde terás o doutor, a farmacia, bares, caixeiro automático, panadería...
E ti, a que agardas? Contacta con nós, e visita este lugar tan marabilloso!
120 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.