Inmobiliaria

Casa Casa en Mosteiro (Pol)

Descrición xeral breve

Buscas unha vivenda para rehabilitar?

Tes aquí unha vivenda que che ofrece moitas oportunidades, na que podes ilusionarte e onde teñen cabida as miles de ideas que se che pasan pola túa cabeza. Toma nota, porque esta pode ser unha fermosa idea!

Casa con terreo situada no centro da vila de Mosteiro, concello de Pol. Vivenda de construción tradicional, de estrutura de pedra, de case 200 metros cadrados, cuberta de lousa e vigas de madeira. Tanto o seu interior como  a fachada necesita unha rehabilitación completa para que sexa unha vivenda confortable na que poder vivir.

Conta con finca e alpendres, que serviron no seu día de bodega e de palleira. A finca ten aproximadamente 1000 metros.

Conta con fermosas vistas á zona deportiva da vila por detrás da casa, e pola súa fronte sitúase unha fermosa carballeira, lugar onde se celebran as festas patronais e os actos públicos e importantes da vila.

A casa está situada nunha vila con todos os servizos, colexios, centro de saúde, bancos, supermercados... situada a 15 minutos en coche de Lugo, capital da provincia de Lugo.

Se atopache o que buscabas, contacta con nós!

 

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.