Véndese este magnífico chalet en A Soledad, Bretoña, A Pastoriza.
Trátase dunha vivenda con terreo situado nun entorno rural envidiable.
Unha casa de 230 metros cadrados construídos, distribuídos en tres alturas. Na planta baixa, un amplo garaxe, a entradiña e un aseo.
No primeiro andar, cociña, dúas despensas, un salón – comedor, un baño completo e tres dormitorios. Tamén un balcón con boas vistas.
No baixo cuberta, unha zona de estar, dous dormitorios e un baño completo.
A casa conta con calefacción en toda ela, está amoblada completamente e con todos os servizos dispoñibles. Cabe destacar que está lousada de novo.
A vivenda sitúase nunha parcela de 1096 metros cadrados, dos cales parte están dedicados a xardín e outra parte son horta e terreo cultivable.
Na parte do xardín, sitúase unha zona de descanso, con unha parrilla e cunha zona ideal para comer.
Tamén unha zona de ocio para os máis pequenos.
Se buscas casa, para entrar e desfrutar. Esta é unha moi boa opción!
Ponte en contacto con nós!
231 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.