Inmobiliaria

Piso Piso en San Roque (Lugo)

Descrición xeral breve

Estás na busca da túa nova vivenda? Pois atende a este inmoble que che presentamos!

Un piso totalmente reformado e listo para habitar. Ubicado na rúa San Roque, en Lugo. Moi céntrico.

Unha vivenda de grandes dimensións, moi luminoso e exterior. Conta con ascensor, praza de garaxe e trasteiro.

A organización do piso non pode estar mellor. Conta cunha entradiña, unha ampla cociña, un salón comedor, unha galería, unha terraza cuberta, 4 dormitorios e 2 baños. A habitación principal conta con baño propio.

Un piso con ventás cambiadas, instalación de luz nova e pintado novamente. Tamén conta con vídeo porteiro.

O trasteiro é moi amplo e con luz, sitúase no baixo cuberta. A praza de garaxe é grande e con moi bo acceso. Ten acceso dende a Rúa San Roque.

Os metros cadrados son 138 constuídos, pero útiles 105.

Estivo habitado ata agora mesmo, e o piso queda totalmente amoblado.

Situado nunha zona moi céntrica de Lugo, a escasos 5 minutos camiñando da Praza Maior. A vivenda ten vistas á Rúa San Roque, e trátase dun terceiro, polo que é moi luminoso.

Unha rúa na que hai todos os servizos, bancos, supermercados, floristerías, bares... tamén moi ben conectada polo servizo público de transporte urbano co resto da cidade.

Se NON queres esperar e necesitas vivenda , corre e fai a mudanza axina porque este piso pode estar pa ti!

Non te demores, e contacta con nós!

 

138 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.