Presentamos esta espectacular casa na Ribeira de Piquín, no lugar da Vara, na parroquia de Navallos. Unha xoia arquitectónica, unha casa rural, de construción tradicional, envexada por moitos e que só poderá ser túa se te apuras e te decides.
Déixame que che presente esta vivenda, como vedes, nas fotografías sobran as palabras para describila. Está chea de beleza, de cariño, de mimo, un fogar íntimo, que transmite paz e tranquilidade, situada nun entorno verde e rural. Encáixache no que buscas?
Trátase dunha finca de 254 metros cadrados de superficie, na cal está enclavada esta edificación, de dúas alturas, 289 metros cadrados construídos. Unha vivenda totalmente rehabilitada, impecable e lista para poder desfrutar. Tan só lle falta amoblar as estancias.
Conta con lousado novo, paredes rexuntadas, muros de pedra recuperados ó redor da casa e a entrada da casa habilitada. En canto á vivenda, fiestras novas, portas de postigo, chan de madeira de carballo, paredes pintadas, instalacións novas... Tamén forno de leña recuperado, cheminea, baños completos, vigas tratadas e lucidas...todo un luxo!
É unha casa cunhas vistas incribles, con un illamento formidable que fai que os veráns e os invernos sexan agarimosos, nun lugar cuns veciños ben levados... que máis pedir?
A Ribeira de Piquín é un concello de montaña que está vivo, que busca medrar e crear oportunidades. Nos últimos anos as melloras foran moitas.
E ti, que máis podes pedir ca esta casiña?
289 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.