Se andas na procura dunha aldea rural, ou mesmo na procura dun conxunto de edificacións para rehabilitar, este anuncio pode ser que che mostre unha idea magnífica para ti!
Se es amante da construción tradicional galega, e che gusta a pedra, a madeira, as contras e fiestras antigas, as portas de postigo, así como os cabazos, os fornos de cocer o pan, as moas, as forxas...e todo isto rodeado das mellores vistas, dun verde que te impresiona, impregnado de paz e de silencio, mellorado co cantar dos paxaros, estás de sorte porque che presento o lugar de Soutelo de arriba, no concello de Riotorto.
Desta volta non se trata da venta dunha casa, son un conxunto de 10 edificacións que están agardando que alguén lles dea vida.
Existe unha casa principal, que foi rehabilitada fai uns anos pero que actualmente está habitable a pesar de necesitar reparacións. Conta con fiestras e portas novas, lousado en boas condicións e habitacións útiles.
Na planta baixa, distribúese:
Unha pequena e luminosa entrada, unha ampla cociña tradicional, unha despensa/bodega, un baño completo e un salón/comedor.
No andar superior encóntrase un baño e seis dormitorios. Pegado á casa hai un soportal que serve para aparcar os vehículos.
En fronte á casa atópase outra edificación, a antiga casa de labranza, que actualmente conta con cortes e un amplo local. Nesta, como no resto de construcións visualizamos a fermosura da pedra e o bo estado das paredes.
Tamén se vende neste conxunto, un antigo forno do pan, unha moa e unha forxa, que lle aportan valor á vivenda, e que mostra a tradicional cultura de Riotorto e o seu bo facer co ferro.
A casa véndese con máis de 11.000 metros cadrados de terreo entre prado e finca plantada, ideal para cultivar, ter gando ou plantar.
Nesta finca, e á marxe todas as edificacións que vos describín existe outra casa en ruinas, preto da casa principal. E tamén outras dúas, un pouco máis lonxe do núcleo rural de vivendas, do mesmo estilo de construción. Madeira, pedra e lousa.
Este conxunto sitúase preto dunha área recreativa, a escasos kilómetros, tamén moi pretiño do casco urbano de Riotorto, e por cerca pasa a ruta do ferro.
Un luxo se buscas rural, tranquilidade e paz! A que esperas?
Prezo negociable!
247 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.