Inmobiliaria

Casa Casa en Foxaca, Saldanxe (A Pastoriza)

Descrición xeral breve

Buscas casa rural para rehabilitar con terreo? Pois non te preocupes, porque seguramente esta che pode encaixar!

Sitúase no lugar de Foxaca, en Saldanxe no concello de A Pastoriza. Nun entorno tranquilo no que a vida se leva con calma e transcorre diariamente sen incidentes.

Alí encontramos esta fermosa vivenda construída cos elementos tradicionais da zona. Pedra, lousa e madeira que agarda por unha rehabilitación. Unha casa que data do ano 1917 e que dende aquela conserva a mesma estrutura.

Encóntrase nun estado que non é apto para vivir nela. Leva anos sen estar habitada e é necesario que alguén a reforme con gusto, mimo e dedicación, xa que o resultado pode ser moi TOP.

Debes saber que a casa sitúase nunha finca moi grande, pero sería segregada ó interese do particular á hora da negociación.

A vivenda conta con todos os subminístroos de alta. Luz e auga. E tamén ten na mesma finca uns alpendres dedicados a forno, cortes...

Se é o que buscas, se queres vivir nun concello rural, cos servizos ben cerquiña da casa, esta pode ser unha moi boa opción!

178 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.