Andas na procura dunha casa?
Buscas unha vivenda que te ilusione e que poidas rehabilitar ó teu gusto para dar vida a un fogar actualmente vello e descoidado?
Pois esta que che presento, está situada na vila de Meira, no núcleo urbano. Unha fermosa casa, de 198 metros cadrados construídos, de tres alturas (baixo comercial e 2 pisos) localizada moi preto da praza do Concello e do antigo convento cisterciense, un lugar máxico onde poder vivir tranquilo e ó lado dos servizos que a vila ofrece.
A distribución da casa é a seguinte:
Na planta baixa encontramos un local comercial, un almacén e unha entradiña. Na planta superior, un baño completo, dous dormitorios, unha cociña e unha terraza. E na segunda planta, dous dormitorios, un baño completo, unha saliña e unha cociña.
É unha casa pequena pero acolledora que necesita reforma urxente. Ideal para unha familia ou como vivenda vacacional.
Se che interesa esta oportunidade, contacta con nós!
198 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.