Inmobiliaria

Casa Casa en Gondel (Pol)

Descrición xeral breve

E se che presento esta magnífica casa nun entorno rural, cheo de vida e estupendo?

Pois veña, non vou perder máis tempo!

Desta volta ensínovos esta edificación de 436 metros cadrados situada no concello de Pol, na aldea de Gondel. Unha casa grande, con materiais de construción actuais, feita de formigón, ladrillo e lousa, datada do ano 1991.

A propiedade está enclavada nunha finca de 4.800 metros cadrados, con acceso asfaltado ata a vivenda. A casa está organizada da seguinte maneira:

Na planta baixa, un garaxe amplo no que collen máis de 4 coches, trasteiros, leñeiro e zona de caldeiras. Conta con calefacción de leña e de gasóleo.

No primeiro andar, encóntrase a vivenda, 3 dormitorios, 2 baños completos, unha ampla cociña, unha saliña de estar, un comedor e unha terraza con vistas estupendas.

No segundo andar, no faio, atopamos unha obra tabicada, pero sen amoblar nin acondicionar como vivenda. Con altura suficiente en caso de querer acondicionala para vivenda ou oficina.

A casa está ben aislada, con fiestras novas, calefacción, auga de pozo...

A vivenda encóntrase libre de arrendos e está inscrita no Rexistro da propiedade.

Se queres vivir tranquilo, rodeado de verde e natureza pero con servizos moi pretiño de ti, esta é unha xenial opción.

Sitúase Lugo a 20 minutos, capital de provincia. Mosteiro, a 5 minutos en coche.

Andas na procura dunha casa onde non necesites máis que traer as maletas e entrar? Pois esta é ideal para ti.

 

436 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.