Inmobiliaria

Casa Casa en Villarente (Abadin)

Descrición xeral breve

Poñemos á venta unha casa rural no concello de Abadín, no lugar de Villarente. Sitúase nun lugar no que nos inunda a cor verde das frondosas, o azul do río e o branco das margaritas. Se buscas tranquilidade, paz e calma visita esta fermosa propiedade.

Trátase dunha casa independente, nunha finca de 3200 metros cadrados. Unha edificación que data de 1973 con  estrutura de formigón e materias tradicionais como a lousa e a pedra.

É unha casa que se vende amoblada, con cociña, salón e baño na planta baixa e os dormitorios na planta superior da vivenda.

Conta con garaxe e almacén.

A casa ten actualmente de alta os suministros, auga e luz. E está inscrita no Rexistro da Propiedade.

Tamén conta con pozo e fosa séptica.

Se buscas vivenda nun concello rural, cos servizos ó teu alcance. Contacta con nós!

 

 

 

152 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.