Inmobiliaria

Casa Casa en Paraxes (A Pastoriza)

Descrición xeral breve

Poñemos á venta esta casa rural situada en Paraxes, no concello de A Pastoriza. Trátase dunha vivenda con moita historia, datada de 1936, século XX. Queres coñecela? Presta atención.

Actualmente é unha vivenda que se encontra en situación de rehabilitación, con 363 metros cadrados construídos. Conta cunha estrutura de pedra, con forma rectangular, con fiestras e galerías con encanto, con cuberta de lousa, que nos achega a unha idea de como podería quedar esta construción logo de obras, reformas, empeño e cariño. Anímaste?

A casa sitúase nunha parcela de 1983 metros cadrados, ideal para unha vivenda unifamiliar. Conta con 2 accesos. Un deles, pola fachada principal, ó ladiño da nacional 540 e outro por un camiño moi tranquilo e pouco percorrido que rodea a finca, que consegue deixarnos ver unha vistas estupendas e nos transporta a un lugar pacíficico e  nun entorno natural. Ó arredor da casa conta con diversos alpendres que foron almacéns e garaxes.

Nesta casa rexentouse unha taberna e un café durante moitos anos, aínda conserva eses espazos. Este lugar é ideal para unha familia con idea de emprender unha pequena empresa/negocio do que poder vivir e desfrutar.

Tamén debes saber que:

  • Conta con auga de traída de alta.
  • Pozo de auga.
  • Non ten fosa, antigamente drenábanse á terra os residuos.
  • Conta con árbores/madeira pertencentes á casa.
  • Garaxe e antigas cortes para o gando.

Se che encaixa, e procuras crear un fogar, ponte en contacto con nós! Esta casa ten moito potencial.

 

 

363 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.