Inmobiliaria

Casa Casa en Folgosa (O Corgo)

Descrición xeral breve

Poñemos á venta unha casiña para reformar no concello do Corgo, no lugar de Coto, na parroquia de Folgosa. Unha casa de principios do século XX, que segundo Catastro data de 1900. Esta vivenda foi construída pouquiño a pouco, e habendo inicialmente unha edificación, actualmente son varias as que conforman a unidade de venta. A casa, a palleira, un garaxe...

A día de hoxe, a casa está sen habitar e necesita reformas e melloras para poder vivir nela e así crear un perfecto fogar. Consta de 222 metros cadrados construídos con materiais tradicionais, lousa, pedra e madeira. No interior, a casa está deteriorada, os mobles están vellos e as condicións de habitabilidade actualmente son deficientes.

Aínda así, a casa conserva a esencia dunha casa tradicional galega, labrega e rural. Se buscas iso, e con terreo para labrar ou para ter unha zona de ocio, pódeche encaixar.

Trátase dunha edificación de 2 alturas, na planta baixa, encontramos a cociña tradicional, a lareira e as cortes. Na planta superior, un comedor e os cuartos de durmir, así como un trasteiro e unha despensa.

Saíndo á aira da casa, temos acceso á palleira, unha edificación a catro augas, de pedra e ben fermosa que conserva as vigas de madeira en bo estado. Ideal para reformar e crear un espazo de entretemento e diversión.

Buscas que a túa familia estea rodeada de natureza e de tranquilidade? Esta pode ser unha moi boa opción e a un prezo irresistible.

A maiores debes saber que:

  • A casa conta con pozo de auga.
  • O terreo está repartido na aira da casa e 2 fincas máis formando así un complexo de 1287 metros cadrados.
  • Ten forno de leña.
  • Sitúase a escasos 20 minutos en coche de Lugo.

Buscas que a túa familia estea rodeada de natureza e de tranquilidade? Esta pode ser unha moi boa opción e a un prezo irresistible.

 

222 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.