Inmobiliaria

Piso Piso en avenida de Villalba (Cospeito)

Descrición xeral breve

Vendemos este magnífico piso en Muimenta, nunha das rúas principais da vila. Un piso totalmente acondicionado, amoblado e listo para entrar a vivir. Trátase dunha vivenda en planta baixa, un apartamento de dous dormitorios, cociña, baño e salón. Conta con lavandería e acceso a un garaxe independente. Conta cunha superficie construída de 98 metros cadrados.

A cociña é aberta a un salón súper luminoso e espacioso, con saída á rúa. O baño tamén está amoblado e con ducha de hidromasaxe. Os dormitorios son dobres, exteriores e amplios. Na zona de lavandería encontramos o termo da auga quente, a lavadora e o aspirador centralizado. Tamén conta con unha zona de almacenaxe. O garaxe é amplío, con porta eléctrica e motorizada. Ten cabida para un coche grande  e unha moto, ou quizais dous pequenos.

O piso é un luxo, situado nunha zona estupenda, moi pretiño da praza principal da vila, onde se encontran todos os servizos. Bancos, supermercados, bares, tendas, perruquerías...

Tamén debes saber que:

  • Subministros de alta.
  • Calefacción eléctrica.
  • Piso inscrito no Rexistro da propiedade.
  • Libre de cargas e arrendamentos.
  • Aspiración central.
  • Fiestras de PVC novas.
  • Exento de pagar comunidade.
  • Vivenda accesible para minusválidos. Planta baixa.
  • Garaxe independente. Con acceso directo á vivenda.

Se estás na procura dun piso na Terra Chá esta pode ser a túa mellor oportunidade. Non te demores, e pregúntanos!

 

 

98 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.