Inmobiliaria

Casa Casa en Susa (Pol)

Descrición xeral breve

ATENCIÓN! Estades preparados? Porque imos ensinarvos un conxunto de propiedades que pode ser unha das mellores ofertas que podedes atopar actualmente na contorna!

 

Poñemos á venta esta fermosa casa, construída no ano 2005, cos mellores materiais, ben illada, totalmente amoblada, con terreo, inscrita no Rexistro da propiedade, con pozo de auga rexistrado, con garaxe para un coche, con alpendres para gardar os aparellos do xardín, con horta, con zona de ocio, con leña para quentarte 2 anos seguidos, con fincas moi pretiño da casa... todo isto a un prezo inmellorable! Pode interesarche?

Sigue lendo...

 

En canto á casa que poñemos á venta sitúase en Susá, na parroquia de Balonga, no concello de Pol. A escasos minutos en coche de Meira (8) ou ó Cádavo (10), e máis concretamente a 35 km de Lugo.

 

A situación da casa é inmellorable, moi ben comunicada e cos servizos moi pretiño, bancos, supermercados, tendas, centros de saúde... pero sen deixar de ser unha casa situada no rural, nunha zona tranquila, ideal para unha familia pequena ou como vivenda turística.

 

A casa é de planta baixa, ten 69 metros cadrados construídos, non é grande, pero ten unha distribución exquisita. Conta con unha cociña ampla e aberta a un salón – comedor, un baño completo, exterior e con ducha e dous dormitorios dobres amplos.

 

A casa está moi coidada, tanto o xardín, como o interior, transmite un clima moi agradable, creando un entorno moi cálido e emocións moi positivas. Ata o momento está habitada, e os seus propietarios indícannos que o prezo inclúe todo, dende a louza, electrodomésticos, mobles, enseres... polo tanto só sería chegar, vivir e desfrutar!

 

A casa está situada nunha parcela de 1216 metros cadrados, na cal se encontran tamén un garaxe, un leñeiro, e un alpendre no que temos os aparellos de xardín, de horta...

 

Xunto con esta casiña e esta parcela inclúense no lote 7 parcelas máis (todas ó arredor da casa) e a casa antiga vella familiar (pequena pero ben conservada) que hoxe empregan de almacén, ou mesmo conservan a cociña de lareira onde fan un churrasco.

 

Se andas na procura dunha fermosa casa, na que a inversión inicial é cero, xa que está lista para entrar, e a un prezo irresistible, fala con nós!

 

 

69 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.