Poñemos á venta esta fermosa casa no lugar de Rioxoán, no concello de Pol. Unha casa construída no ano 1988 con materiais de primeira calidade. A vivenda ubícase nun núcleo rural, nunha zona tranquila con parques e zonas axardinadas, moi pretiño de Meira e Baleira onde podemos encontrar todos os servizos que necesitemos a escasos minutos en coche: bancos, supermercados, colexios, centro de saúde, tendas...
A casa conta cunha superficie construída de 267 metros cadrados distribuídos en tres alturas. No soto da vivenda ubícase o garaxe, a zona de caldeiras, e unha barbacoa, ideal para facer xuntanzas. Na planta principal e no baixo cuberta sitúanse todas as estancias da casa. Na planta baixa encontramos a entradiña, unha ampla cociña totalmente amoblada, con cociña de leña e mesa de mármore ó seu arredor. Tamén un amplo salón-comedor con cheminea, dous dormitorios, un baño completo e unha despensa. Na planta superior, hai dous dormitorios e un baño con ducha.
Este chalé é ideal para unha familia que queira vivir rodeada de natureza. Unha casiña ben xeitosa cun xardín acolledor. E ti, a que agardas para vir a vela?
Antes de rematar, deixovos datos interesantes:
A verdade é que é un luxo presentar esta vivenda, porque non defrauda.
267 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.