Inmobiliaria

Solar Solar en Prevesos ( Castro de Rei)

Descrición xeral breve

Poñemos á venta un terreo de 9.814 metros cadrados. Trátase dunha finca moi xeitosa e ben ubicada para a construción dunha vivenda nun entorno rural e agradable no concello de Castro de Rei, no lugar de Garduña, en Prevesos.

Vendemos unha finca de grandes dimensións, dos cales 1.250 metros cadrados son urbanos e o resto rústicos. Actualmente encóntrase cultivada a prado na súa totalidade.

Como obxección positiva, na zona rústica da finca atopamos 4 fontes naturais, ideais para crear uns lagos e unha zona axardinada ben fermosa con pequenas árbores e flores.

Se buscas un terreo edificable, con amplitude para poder ter animais soltos, un xardín e a túa casa coidada e mimada, ó mesmo tempo que respirar aire puro e fresco, este pode ser o lugar soñado, onde perseguir os teus soños e lograr as túas aspiracións. Un lugar familiar e tranquilo.

A menos de 10 km encontras núcleos urbanos nos que satisfacer todas as túas necesidades comerciais, médicas, educativas...

Pensa, e chámanos se che interesa!

9814 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.