ESTA É A TUA CASA IDEAL!
No lugar da Granda, en Crecente, no concello de A Pastoriza, agarda por ti unha vivenda construída con sentidiño, sólida, cómoda e ben situada que está en venta.
Trátase dunha casa de tres plantas edificada no ano 1996, cunha superficie duns 190 metros cadrados, asentada nunha impresionante parcela totalmente pechada de case 10.000 metros cadrados. A casa está completamente illada, sen humidades e cunha estrutura impecable, pensada para durar. Só precisa unha actualización estética, tanto no interior coma no exterior, principalmente en pintura, pero a súa base é tan boa que permite entrar a vivir dende o primeiro momento.
Na planta baixa atopamos unha cociña tradicional equipada cunha cociña de leña, que conecta cun salón-comedor amplo e luminoso grazas aos seus grandes ventanais, un dormitorio e un baño completan esta planta, así como unha práctica lavandería situada no espazo baixo as escaleiras.
Na planta superior sitúase a zona de descanso, con catro dormitorios, un deles o principal que conta con galería e baño propio, ademais dun segundo baño que dá servizo ao resto das habitacións. Finalmente, na planta baixo cuberta, temos unha ampla zona diáfana e abuhardillada, perfecta para adaptala a múltiples usos segundo as túas necesidades.
No exterior, a finca ofrece un garaxe con espazo para caldeiras e almacenaxe, ideal para manter todo organizado e funcional. Esta propiedade é perfecta tanto como primeira vivenda como para un proxecto de turismo rural ou segunda residencia, grazas á súa boa ubicación, a calidade da construción e o enorme potencial do terreo.
E o mellor de todo, a casa está inscrita no Rexistro da Propiedade e libre de cargas, o que garante unha compra segura, rápida e sen complicacións. Se buscas unha casa feita con cabeza, nun entorno natural, lista para entrar a vivir e cun gran futuro por diante, esta é a túa oportunidade.
Non a deixes escapar.
Chámanos e vén descubrila. Esta casa pode ser o fogar que levabas tempo buscando.
209 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.