Inmobiliaria

Piso Piso en Avda Ramon Ferreiro (Lugo)

Descrición xeral breve

Alúgase piso amoblado na Avenida de Ramón Ferreiro, no centro de Lugo, unha das mellores zonas da cidade tanto pola súa proximidade á universidade como polos servizos dispoñibles arredor. O piso atópase en perfecto estado, todo o mobiliario e os electrodomésticos están en uso e funcionamento, polo que está listo para entrar a vivir. Dispón de catro dormitorios amplos e luminosos, un salón comedor cómodo e acolledor, unha cociña totalmente equipada con acceso a lavandería e despensa, así como dous baños completos. Trátase dunha vivenda ideal para estudantes, tanto para aqueles que acoden diariamente ao campus universitario coma para os que estudan no centro da cidade, xa que a súa situación permite un acceso rápido e sinxelo a ambos lugares, ademais de estar rodeada de supermercados, farmacias, transporte público e todo tipo de comodidades.

Os gastos de luz, auga e calefacción e comunidade serán abonados polos arrendatarios.

É unha excelente oportunidade para compartir piso nun ambiente práctico, funcional e ben situado.

Se queres saber máis, contáctanos!

109 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.