Véndese fermosa casa rural tradicional de pedra, totalmente independente, situada en Fonteo, nun entorno privilexiado, moi tranquilo e rodeado de natureza, ideal para quen busca calidade de vida, descanso ou unha vivenda con encanto no rural galego, sen renunciar a boas comunicacións. A vivenda conta con arredor de 250 metros cadrados construídos, distribuidos en dúas alturas; na planta baixa atopamos unha entradiña, unha cociña completa e amoblada, un baño, un dormitorio e un comedor pendente de rehabilitación, o que ofrece a posibilidade de adaptalo ás necesidades do futuro propietario; na planta superior sitúanse os dormitorios e outro baño completo, configurando unha vivenda ampla e funcional. A casa dispón de calefacción de leña, conservando o carácter tradicional, e conta con auga e luz dadas de alta, estando ademais ao corrente no pago do IBI e inscrita no Rexistro da Propiedade, o que garante total seguridade xurídica. No exterior destaca un terreo pechado de 654 m², con alpéndres e unha palleira tradicional duns 110 m², ideal para rehabilitar como espazo complementario, almacenamento, taller ou mesmo proxecto turístico. A propiedade atópase pretiño da capital da provincia de Lugo e moi ben comunicada con localidades próximas como O Cádavo e Meira, o que a converte nunha excelente opción tanto como vivenda habitual como segunda residencia. Unha casa con personalidade, espazo e moitas posibilidades nun entorno rural único, comercializada por Mel Inmobiliaria.
249 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.