Hai lugares que non se poden describir simplemente como unha casa. Hai lugares que gardan historias, recordos e unha forma de vida que hoxe resulta cada vez máis difícil de atopar. Esta antiga reitoral de San Pedro, en Riotorto, é un deles.
Construída arredor do ano 1890, esta impoñente casa de pedra de aproximadamente 322 m² distribúese en tres alturas e conserva intacta a esencia das grandes vivendas galegas de antigamente.
Desde o primeiro momento percíbese que foi unha casa inmportante, unha residencia pensada para durar xeracións. Os seus muros de pedra, as espectaculares vigas de madeira que permanecen firmes co paso do tempo e os chans orixinais falan da calidade dunha construción difícil de reproducir na actualidade.
Ao tratarse da antiga residencia dos curas da parroquia, a vivenda conserva numerosos elementos con gran valor histórico e sentimental. Os seus mobles antigos, moitos deles de excelente calidade, encaixan perfectamente coa personalidade da casa e contribúen a crear unha atmosfera única. No seu interior atopamos tamén unha fermosa lareira tradicional e o antigo forno do pan feito de barro, auténticas xoias da arquitectura popular galega que nos transportan a unha época na que a vida transcorría arredor do lume e da familia.
A vivenda dispón de luz, auga e conexión a internet, combinando así o encanto da tradición coas comodidades actuais. As ventás xa foron renovadas, e na planta baixa existe un aseo e unha habitación acondicionada, así coma unha cocina completa, permitindo o uso da propiedade desde o primeiro día mentres se axeita ó gusto, e se fan melloras ou actualizacións adicionais.
No exterior, a propiedade continúa sorprendendo. Conta cunha espectacular finca de aproximadamente 11.915 m², un espazo natural cheo de posibilidades onde a tranquilidade é absoluta. Árbores, camiños, zonas de paseo e recunchos para gozar da natureza conforman unha contorna privilexiada para quen busca desconectar do ritmo acelerado da vida diaria. A propiedade dispón ademais de pozo propio, antigas cuadras e un fermoso palomar que achegan aínda máis carácter e autenticidade ao conxunto.
A localización é outro dos seus grandes atractivos. Situada en San Pedro, Riotorto, a casa atópase nun pequeno núcleo onde apenas existen un par de vivendas máis, acompañadas pola fermosa igrexa parroquial e o seu campanario. Un lugar onde o silencio, a natureza e a historia conviven en perfecta harmonía, creando unha sensación de paz difícil de atopar hoxe en día. Esto non quita de estar moi preto da vila, e ter os servizos moi próximos, así como ter moi preto a mariña lucense.
Esta propiedade pode converterse na vivenda familiar soñada para quen busca espazo, autenticidade e calidade de vida. Pero tamén representa unha oportunidade excepcional para desenvolver un proxecto empresarial singular, como unha casa de turismo rural, un hotel con encanto, un espazo para retiros, actividades culturais ou calquera iniciativa que saiba aproveitar o enorme potencial dun lugar tan especial.
Porque non estamos simplemente ante unha casa de pedra. Estamos ante un anaco da historia de Galicia, un lugar con alma propia, esperando por alguén capaz de valorar o seu pasado e escribir nel un novo futuro.
322 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.